martes 22 de noviembre de 2011

COÑECE O ESPAZO ABALAR

Mañá mércores, dia 23 de novembro as 18;00 no Ceip Eduardo Pondal, todos os pais, nais ou titores legais interesados, poderán asistir a unha sesión informativa sobre o proxecto ABALAR
 ABALAR é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.


• A través deste espazo, os pais e nais poden realizar o seguimento académico en liña dos seus fillos/as e comunicarse cos titores/as dos mesmos.

•A partir de agora, os responsables dos nenos/as matriculados nos centros Abalar, poderán realizar diferentes accións, tales como a consulta das faltas de asistencia e as incidencias dos seus fillos/as, xustificar as ausencias ou solicitar citas de titoría, entre outras.

Estades tod@s convidados.
































.