lunes 5 de marzo de 2012

Sesión relaxación

Hoxe no cole tivemos unha sesión de contacontos" La tierra del arco iris feliz" cun exercicio de adestramento da atención a través da relaxación a cargo da Fundación Devi


Sesión relaxación on PhotoPeach



Sesión relaxación 2º parte on PhotoPeach

viernes 2 de marzo de 2012

O CEIP EDUARDO PONDAL XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


O CEIP EDUARDO PONDAL DE VIGO, está situado nun enclave privilexiado da

 cidade de Vigo, sendo un auténtico mirador con vistas ao mar.

Está na zona de Sampaio, en Rosal Florido nº 24. 

Ten xornada continuada de 9:00 a 14:00 horas

Alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL 3 a 5 anos

Alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA  6 a 12 anos

 


 XORNADAS DE PORTAS ABERTAS:

          Martes 6 e 13 de marzo de 16:15 a 18:00 horas.

          Mércores 7. De 9.15 a 10:30 horas.



 Contamos con amplias zonas de xogo exterior e patio cuberto.

 Os especialistas imparten clase dende Educación Infantil:

  - Lingua estranxeira: inglés.

  - Educación musical.

  - Orientadora.

  - Pedagoxía Terapeútica.

  - Audición e Linguaxe

  - Relixión Católica / Atención Educativa.


ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: organizadas polo profesorado en horario

escolar: obras de teatro, concertos de música, visita a museos, ...


                                         COMEDOR ESCOLAR


De 14:00 a 16:00 horas, con servicio de catering.



ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 

Todas as tardes a partir das 16:00 horas


Para coñecer mellor o noso centro
http://crocaiodesampaio.blogspot.com
http://eduardopondalvigo.blogspot.com

BIBLIOTECA CROCAIO  

Participación no PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES



Investigación, emprego das novas tecnoloxías. Páxinas de consulta no blog: diccionarios, actividades diversas, xogos educativos,...



O noso centro participa no PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS subvencionada pola Comunidade Europea.



Durante tres semanas o alumnado toma froita no recreo, proporcionada polo centro.


HORTO ESCOLAR

Coñecemento de diferentes ferramentas e a súa utilización.+

Plantación de diversos productos, coidado e seguimento da evolución e 

posterior recollida e degustación nas súas casas.


PROXECTO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÏSTICA

Actividades de enriquecemento da lingua galega: ampliación de coñecementos, vocabulario con actividades complementarias, elaboración de carteis, poemas,...



 



Actividades de investigación sobre o homenaxeado nas Letras Galegas na aula de Informática, na Biblioteca,...
Elaboración de traballos, murais, carteis,...

miércoles 29 de febrero de 2012

Saímos no xornal!!!!




Hoxe, mércores 29 de febreiro, o Ceip Eduardo Pondal sae no xornal escolar co motivo da celebración do noso "Entroido Olimpico" 

viernes 24 de febrero de 2012

CONTACONTOS NO VERBUM "PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR"

A Consellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, organiza este contacontos o domingo 26 de febreiro as 18:00 horas no Verbum (Avda Samil, 17) para público familiar.
ENTRADA DE BALDE.

TAPÓNS SOLIDARIOS



O Ceip Eduardo Pondal súmase a esta iniciativa solidaria da recollida de tapóns de plástico que se está a levar a cabo en toda a provincia de Pontevedra en favor de Paula unha nena de Boiro que ten agenesia sacra

A entrega de tapóns pode realizarse de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

ANIMADEVOS!!!!!!

martes 21 de febrero de 2012

LARANXA!

LARANXA!! on PhotoPeach

ENTROIDO OLIMPICO!!!

ENTROIDO OLIMPICO on PhotoPeach